13.6.09

Non máis Libros Abertos na TVG


A nova directiva suprime o Servizo de Cultura
O programa 'Libro Aberto' deixa de emitirse na TVG

O espazo cultural 'Libro Aberto' desaparece da grella da TVG a partir do 24 de xuño, cando se emita por última vez. Segundo informa o director do espazo, Luís Rei, a nova directiva suprimiu o Servizo de Cultura, polo que quedan no aire outros programas como 'Miraxes', 'Alalá'. 'Planeta Cine', 'Onda Curta' ou 'Ben falado!'.

9.6.09

As linguas suman

A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo.
Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego sexa tamén lingua da aprendizaxe.


En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas. A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moitos nenos/as a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas.

23.5.09

"Mexan por nós e dicimos que chove".


"Disque en Santiago a chuvia é arte. O que é arte son os paraugas. Os paraugas cando combinan e marchan por Compostela. Esvaeceuse na turbulencia histórica o soño dun gran Partido Galeguista. Mais o que temos nestes limiares convulsos do século XXI e unha magnífica ferramenta cívica de marca PG: o Paraugas Galego. Ou o Parachuvias de Galicia."


15.5.09

Correlingua


Consulta o blog do Correlingua

12.5.09

II Encontro IES Elviña - IES Agra de Leborís


Este ano organizamos nós a convivencia, despois da experiencia tan gratificante que nos ofreceron na Laracha o curso pasado.

Se queres saber máis sobre cómo transcorreu o día preme aquí

A mocidade coa lingua

Desde hai 10 anos o IES Elviña participa no Certame Musical "A mocidade coa lingua" , baixo a organización do Departamento de Normalización Lingüística, Departamento de Lingua galega e Departamento de Música.

O certame acolle participantes da Coruña e bisbarra que se encargan de organizar a actividade. Este ano xuntámonos grupos musicais do IES Manuel Murguía (Arteixo), IES de Pastoriza (Arteixo), IES Mosteirón (Sada), IES AlfonsoX (Cambre), IES David Buján (Cambre), IES Isaac Díaz Pardo (Sada) e o IES María Casares (Oleiros).

QUEDAMOS DE NOVO EN SEGUNDO LUGAR!!!!! UN GRANDE HONOR !!!! e máis tendo en conta o orixinal e novidoso das nosas propostas....
Aquí podes botar unha ollada ás fotos

1.4.09

Coordinadora Galega de ENDL

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística abaixo asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:

1. Este decreto desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia no ano 2004 e elaborado, na parte referida á educación, por unha comisión na que se integraban representantes das ANPAS, do profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado.

2. Supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que -despois de 12 anos de aplicación- tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñada, tal como poñen de manifesto os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia.

3. Persegue como finalidade última que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe.

4. Favorece que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais, persoal non docente e representantes dos concellos.

Dado que consideramos as medidas que se establecen no decreto como unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros e que non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado, solicitámoslle ao novo goberno que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Asina este posicionamento
Difúndeo

23.3.09

Discriminación lingüística

17.3.09

O galego non está de moda para o sector téxtil


As webs dos principais fabricantes do país, con escasas excepcións, seguen a ignorar o noso idioma.
Le+




Planeta equipos de normalización lingüística

5.3.09

traducir automaticamente webs ao galego


Os usuarios do navegador Firefox poden ampliar as prestacións da aplicación con distintos engadidos, entre os que destaca Greasemonkey, que vén de aproveitarse para desenvolver un pequeno script que fai uso do tradutor de Google para poder ver o texto que teñamos seleccionado nunha páxina web automaticamente en galego.
Se queres saber visita Código Cero

9.2.09

O galego chega a YouTube

Se queres saber máis preme aquí

3.2.09

Bota a andar a segunda canle da TVG a través da TDT

Europa loa o esforzo dos gobernos de Galeuscat a prol das linguas propias

Un informe do Consello de Europa pide máis medidas para garantir o dereito da cidadanía a ser atendida en idiomas distintos do castelán.Se queres saber máis

Unión Fenosa: nin luz, nin galego


Un lector de Vieiros remite unha carta onde denuncia a "falta de respecto" da empresa coa "diversidade lingüística de Galiza".

Google xa traduce ao galego

O contido de calquera páxina web xa se pode traducir ao galego, a través da ferramenta Translate de Google. O buscador acaba de incorporar sete novos idiomas a devandito servizo, incluído o de Galicia: albanés, estoniano, maltés, turco, húngaro e tailandés.

Aínda que o recoñecemento do idioma funciona correctamente, algunhas webs recoñecen que a tradución automática non é moi fiable. Isto débese a que sempre se utiliza o inglés como punto intermedio, polo que moitas veces o sentido das frases pode variar. Con todo, a inclusión destas linguas permite achegar a ferramenta Translate a practicamente 150 millóns de usuarios.


Le+ O buscador líder incorpora a nosa lingua ao seu servizo de tradución automática, con resultados sorprendentes.

21.1.09

O cazador de palabras

Trasmitirlle ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua, ese é o obxetivo de Cazador de palabras, o docushow divulgativo que a TVG emitirá semanalmente cada xoves. Este novo programa de entretemento lingüístico, presentado por Matías Tarrío, é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular.

Cine na casa






Para estar ao tanto de todo o que pasa no mundo do audiovisual galego, rexístrate en Flocos. Poderás ser fan dos filmes que che gustan, engadir amigos e amigas e seguirlles o rastro ao que fan os directores/as e á xente da túa rede.


Despois do primeiro mes de funcionamento da xanela do audiovisual galego, Flocos consolídase día a día. Moi perto dos 700 usuarios rexistrados, o número de visitas increméntase sen cesar para visionar os máis de 100 títulos de todos os estilos, tendencias e modelos de produción do audiovisual galego contemporáneo. Pola banda das obras audiovisuais, pódense ver case un cento de filmes: 32 curtas de ficción, 14 curtas de animación, 12 curtas documentais e 13 curtas experimentais. Ademais, organizáronse 5 ciclos temáticos e 4 adiantos de películas.

22.12.08

Referencias imprescindibles

21.12.08

a animación é un valor seguro do audiovisual galego

Tres películas galegas compiten polo Goya á mellor animación

A animación é un valor seguro do audiovisual galego. A relación de candidatos á VIII edición dos premios Goya non fixo máis que confirmalo. Tres das catro longametraxes finalistas son galegas: O espírito do bosque de Dygra Films, Donkey Xote de Fílmax e O lince perdido de Perro Verde Films.
A isto engádeselle a candidatura da curtametraxe de animación O ataque dos kriters asasinos producida por IB Cinema.

A Academia Española de Cinematografía deu a coñecer hoxe os finalistas, nos que sobresae Os xirasoles cegos. A película de Jose Luis Cuerda, rodada en Galicia que contou co apoio económico de Sempre Cinema (sociedade formada pola Xunta e Caixa Galicia), conta con 14 candidaturas.

Entre elas destaca a dos actores Martín Rivas e Jose Ángel Egido, quen pode conseguir o seu segundo Goya. Os gañadores saberanse no trancurso dunha gala que terá lugar o 1 de febreiro en Madrid.

19.12.08

Ben falado

Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Ben falado! é como un prato combinado, pois o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. Este espazo reflicte como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas, na Internet. Tamén amosa o que foi a lingua galega na Idade Media e o que é hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Punto Gal, as televisións escolares en galego, etc.

Música galega e poesía

15.12.08




1.12.08

Culturgal 08

20.11.08

A Igrexa vive de costas á lingua

O galego segue ausente das liturxias malia o apoio dos fregueses

Un estudo asegura que o 90% dos galegofalantes di ser "crente" e ten unha actitude "moi favorábel" cara á lingua, aínda que os cregos escollen maioritariamente o castelán.

2.11.08

AGORA EN NEW YORK

Imos a New York co anuncio de Gadis Vivamos como galegos

Nadal en galego


Outro anuncio de Gadis
: parece que vende ben a visión positiva da terra.

A espía que xurdiu do fillo


Aquí tes un exemplo do que podes atopar en Teu Tubo

Teu Tubo

A Axencia Audiovisual Galega habilitou na súa web un espazo onde se fan ligazóns ós vídeos en galego pendurados na Rede: Teu Tubo Aínda que non é o que todos os galegos están a esperar, un «youtube» galego, a nova sección da Mediateca permite poder visualizar parte dos mellores vídeos gravados na lingua de Rosalía sen a necesidade de ter que mergullarse por unha infinidade de webs.
O lecer é un bo espazo para aprender e aprender xogando é a mellor forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía, a nós mesm@s.

Ábrense as portas do outro mundo, está aquí o Samaín

É tempo das castañas, das caveiras de melón, da noite e das tebras...
O inverno está cada vez máis perto e o verán é xa un simple recordo. E nesta terra de ninguén chega o Samaín. Unha data de moita importancia na cultura céltica:as portas do outromundo ábrense de na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro para que ánimas poidan vir visitar este mundo.
A celebración do Samaín estivo sempre moi presente na cultura do noso país e a súa importancia foi moito maior do que se poida pensar.

De volta quentando a alma con crema de cabaza

11.11.07

VIVAMOS COMO GALEGOS


Todo o mundo fala do anuncio...
Aquí a xente non é fea... é riquiña!
Pásao ben co anuncio de Gadis ...

3.10.07

día europeo das linguas

Este día foi ideado polo Consello de Europa para celebrar a diversidade lingüística europea e o plurilingüismo.

En Europa só se falan o 3% das linguas do mundo, mais a Unión Europea ten 23 linguas oficiais, o que a converte na institución que máis linguas fala no mundo.

Para celebrar o Día Europeo das Linguas, poñemos aquí un vídeo sobre a nosa propia, titulado Mirando da lingua, gañador ex aequo dun certame entre centros de ensino secundario

22.9.07

o noso cinema en Donostia



Tres filmes galegos no Festival de Donostia
De profundis e Unha muller invisible, de Continental, e Bolboreta, mariposa, papallona representan o cinema do país no festival de Cinema de Donostia, que este ano cumpre a súa 55º edición
e agora desfruta coas imaxes do filme de Miguel Anxo Prado. Este é o trailer definitivo da película de animación: unha historia de amor nas costas galegas cheas de poesía.

21.9.07

benvidas as galescolas

Picariños, Cativos, Pequerrechos, Meniños, Rapaciños, Pillabáns, Brincos, Enredos, Ruliña…Todas eles nomes no noso idioma para lle chamar á escolas infantís. Porén, en moitos deles (agás excepcións), o cultivo do galego na relación coas crianzas era (e aínda o é) inexistente. Parece que buscan un nome en galego para transmitir confianza, mimos, coidados... pero axiña desaparece cando entras no recinto escolar.

Agora xa podemos comezar a nosa vida escolar (de 0 a 3 anos) nunha escola infantil pública normalizada, Benvidas as galescolas! Un proxecto necesario e positivo. Hai un total de 37 galescolas na provincia da Coruña, 21 no caso de Lugo, 26 en Ourense e 37 na provincia de Pontevedra. En total suman 121 centros .

para non esquecer o verán


Aquí está Sacha na Horta co seu ema Biocultivos. Son un grupo de mulleres de compostela que conseguiron o primeiro premio no concurso da canción do verán A polo ghit! que organiza por segundo ano Vieiros.



LETRA:

Umha porta a outro mundo, / sempre aberta para entrar / Umha viagem polas hortas / sem mover-te do lugar. / Busca forças no caminho / nom te deixes apagar. / Arma-te con vinho e canha / e começa a cantar... / Vivo na terra do sol / aínda que chova aquí vai calor / Vive na terra do Sol / nom é Marbella nin Benidorm! / Venha lume de lareira / e fogueiras no San Joam. / Nom é lume de caciques / nin de montes para queimar! / É a luz que che abre os olhos / e que anima a espertar. / É o calor que che dá folgos / para os teus sonhos cultivar. / Vivo na terra do Soll / aínda que chova aquí vai calor / Vive na terra do Sol / nom quero um piso en Marinha d’Or! / De Janeiro a Dezembro / coma se fora veram / busca o sol por entre a pedra / da Galiza tropical. / Prende lume nas conciências, / temos moito que queimar. / Inventos capitalistas / Que nos querem anular. / Vivo na terra do Sol / Aínda que chova aquí vai calor / Vive na terra do Sol / venhas de Xinzo ou de Nargó!

outra vez por aquí

Moitos rapaces e rapazas comezan neste mes o curso escolar. Cada un exprésao á súa maneira. Hai moitos idiomas no mundo e cada un deles ten o seu lugar. No teu lugar, aquí, o galego. Se non o falas algún día desapareceremos deste cartaz.

27.6.07

boas novas


Adeus a La Coruña
O novo goberno xa prepara a supresión do L en rótulos e automóbiles.

O
Concello da Coruña semella que vai superar a vella polémica do topónimo. A entrada dos nacionalistas no executivo local está a ser decisiva. A concelleira de Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou, segundo recolle La Opinión, que o proceso vai ser lento pola cantidade de papeis e carpetas nos que aparece o topónimo castelanizado. Os cambios van ser moito máis rápidos no caso dos rótulos e dos automóbilesA partir de agora, o goberno quere que só se empregue o topónimo oficial e rematar así a estéril e cara teima do ex alcalde Francisco Vázquez. A lingua do país vaise converter en lingua “por defecto” da administración local. Porén, a concelleira de Normalización Lingüística sinalou que “darémoslle facilidades ás persoas que falan castelán, cousa que até agora non pasaba co galego”.

24.6.07

Non poderemos ver Shrek III en galego


Aínda que a lei de Normalización especifica que se promoverá “a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, de entre os que presenten maiores expectativas comerciais”, quedámonos sen ver a Srhrek e a súa dona Fiona falando galego, mentres que en Cataluña esta divertida parella falará catalán.

pulpiño viascon in the ocean

23.6.07

A Fala de Os Tres Lugaris

Sabes que en Estremadura existe un dialecto do galego? Escoita a nosa fala en en As Ellas, Valverde do Fresno e San Martín de Trevello.

sementeira

Letra: Lois Alvarez Pousa

Música: X.L.R.C.


Sementar sementarei,

loguiño de crarear,

en tanto no pobo medre

un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro

que fale na lingua nai

que suba nos pexegueiros

a fruta verde a roubar.

Un vello que de consellos

un rostro de fume e pan

que conte contos ós nenos

do cuco e do paspallás.

Un cantar de redención

que toque a desolación

nun limpo e craro alborear.
Logo, deixáime morrer,

entre dous regos, queimado,

cando veñan os solpores

dos homes esfamiados.

non te vaias afogar na praia

fotografía gañadora do certame "unha imaxe para o galego!. O seu título: sacando a lingua a flote.

20.6.07

custa traballo crelo


Unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña esixiulle a un rapaz de 13 anos que se dirixise a ela en castelán na consulta. Segundo a versión da nai do cativo, a doutora alterouse co rapaz por falar na lingua propia. Os feitos foron denunciados ante Política Lingüística.
Recomendámoslle á doutora 3 culleradas ao día de man de santo


12.6.07

iolanda castaño

a nosa poesía xúntase coa videocreación. Se queres saber máis sobre a autora preme neste vínculo

http://www.yolandacastano.com/

7.6.07

galiza celta

Lembras o libro de lectura de 1º Morgún... aquí tes unhas imaxes para que poidas seguir imaxinando o mundo celta que recrea.

2.6.07

Galeguiza o teu nome e apelidos




A galeguización do nome e dos apelidos é un acto simbólico de grande importancia para o proceso de normalización da nosa lingua. Cada vez que unha persoa galeguiza o seu nome e apelidos, ou escolle un nome galego para o seu fillo ou filla, non só está amosando publicamente o seu compromiso co noso idioma, senón que tamén está incidindo, co seu comportamento na sociedade en xeral e en todas as entidades en que vaia facer efectivo o cambio (administración, bancos, empresas subministradoras...).

30.5.07

evolución dos nomes na Galiza

se queres saber máis sobre nomes en galego, o seu significado e historia, preme neste vínculohttp://www.galegoelogo.com/xeracionelogo/escolma.php

29.5.07

e ti como te chamas ?

se queres saber algo máis sobre nomes de persoa - masculinos e femininos-, o seu significado e historia preme nestas ligazóns

http://www.galegoelogo.com/xeracionelogo/escolma.php

24.5.07

fálame... chámame



Unha nova campaña da Concellería de Política Lingüística promoverá a transmisión interxeracional do galego. A iniciativa difundirá o uso do idioma dende a etapa do embarazo ata que o nome do novo neno é inscrito no Rexistro Civil.

en galego, tes todo un sentimento por transmitir



A perda da transmisión interxeracional é hoxe lugar común cando se trata a cuestión do significativo descenso do número de falantes en Galicia. Eis o motivo desta campaña que reparte material cunha selección de nomes propios, un portafotos, unha serie de consellos para o embarazo e un cd con cantos para arrolar nas voces de Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón ou Xabier Díaz.

23.5.07

ves alguén coñecido?





Outro ano máis as rúas da Coruña enchéronse de cor e de mocidade .... todos e todas lembrando que temos dereito a vivir "galegando"..... Ves a alguén coñecido?
Escoita o himno e non esquezas "NINGUÉN NOS CALA: TODO O ANO GALEGANDO"

A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta

boura polo vento

a lingua dos galegos

non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo

mais por un mundo diverso

onde cada home pouse

o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca

a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,

marcharon lonxe da casa,

cantaruxaron a eito

na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,

o camiño nas entrañas,

p'ra fecundar o planeta

coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca

a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo

e moito me molesta que sexades distintos.

A diversidade non me vai a diferencia é un problema

p'ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.

Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.

xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !¡ Fala, non pares !.

17.5.07

letras galegas 07 : maría mariño

15.5.07

correlingua 07 (2)


outro ano máis non nos deron premio polo noso traballo... pero non importa... o ano que vén conseguirémolo.... de todas maneiras a nosa era unha das melloras pancartas.... aí vai a mostra

correlingua 07 (1)


grazas a todos pola vosa colaboración para facer a pancarta deste ano: para facer os bocetos das letras e as caras, para pasalos á tea, para pintala con paciencia, para cravala aos paus... para paseala polas rúas da Coruña...
e tamén aos profes que colaboraron connosco: Alfonso, María, Lois.... Moitas grazas.

12.5.07

en galego tes todo por dicir

11.5.07

a navegar


comezamos a nosa navegación pola rede
o gavieiro é o mariñeiro que vixia desde a gavia.
Que é unha gavia?
Unha plataforma situada a certa altura no mastro dun navío.
Desde aí otearemos o horizonte na procura das páxinas galegas da rede que vos poidan interesar e de todas as noticias relacionadas coa lingua e a cultura galega.
Sen a colaboración de toda Elviña nunca chegaremos a porto.
Imos todos xuntos surcar mares e océanos como facía Simbad.

logotipo provisional


este será o noso logotipo mentres ti non deseñes outro.Vai pensando e o ano que vén preséntate ao concurso.